O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición para o seu campamento de verán, que terá lugar do 5 ao 12 de agosto en Nigrán e que está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Un campamento que inclúe actividades como rutas de sendeirismo, excursións, actividades náuticas e de multiaventura, rutas en barco, xogos, cancións…
Os prezos do campamento xuvenil serán de 140 euros (empadroados/as) e 190 euros (non empadroados) e inclúen tanto os desprazamentos como a participación nas actividades e o aloxamento e manutención por eses sete días. O prazo de anotación estará aberto ata completar o número de prazas dispoñibles, tendo preferencia os veciños e veciñs empadroados/as en Oroso. Máis información e inscricións no centro cultural Fernando de casas e Novoa, no 981 690 903 ou en www.concellooroso.com.