Saturday 16 de November de 2024

O Museo do Humor de Fene abrirá ao público dúas tardes á semana ao longo do verán


A Concellería de Cultura a Ensino anuncia que a partir da vindeira semana e ao longo de todo o verán (até o xoves 8 de setembro), o Museo do Humor de Fene abrirá ao público todos os martes e xoves, de 17.00 a 21.00 horas. Así, o horario do Museo será, a partir do luns 27 de xuño e até o venres 9 de setembro: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas, e os martes e xoves tamén pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas.
“É a primeira vez que, nos seus trinta e dous anos de historia, o Museo do Humor abre polas tardes no verán”, explica a concelleira de Cultura, Amalia García Balado, quen animou á veciñanza de Fene e comarca e aos turistas que se visiten Ferrolterra este verán a achegarse polo Museo do Humor de Fene. A entrada é libre e gratuita.