Friday 22 de November de 2024

Aberta a inscrición para participar no ‘Campus de verán Órdenes 2016’


Organizado pola S.D. Club Órdenes en colaboración co Concello ofrece a posibilidade de aprender e perfeccionar disciplinas deportivas como o fútbol, natación, atletismo, balonmán, ciclismo ou dúatlon

A S.D. Club Órdenes en colaboración co Concello de Ordes pon en marcha este verán o ‘Campus de verán Ordes 2016’. Unha iniciativa deportiva que se desenvolverá dende o primeiro de xullo no campo de fútbol de Vista Alegre, repartíndose en dúas quendas quincenais. Está especialmente dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2012, e desenvolverase en horario de mañá (de 10 a 14 horas).

Fútbol campo orientación, Fútbol 7, atletismo, dúatlon, ciclismo, balonmán e natación serán as disciplinas que se impartirán. Ademais tamén haberá unha programación alternativa no caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a práctica destes deportes ao aire libre.

Os prezos para as rapazas e rapaces interesados van dende os 100 € por quincena ata os 150 no caso de que se inscriban durante todo o mes. No caso de que sexan dous irmáns ou irmás serán de 150 ou 250 € para a quincena ou o mes respectivamente.

Para inscricións ou calquera consulta pódese chamar ao teléfono 609816643. Tamén se poden descargar os formularios de inscrición na páxina www.sdclubordenes.es e posteriormente facer o ingreso das cotas no número de conta ES 79 2100 4201572200085812.