Friday 22 de November de 2024

O Concello de Frades entrega as bolsas de material e transporte escolar, que benefician a 12 alumnos máis co ano pasado


A convocatoria deste ano beneficiou a 41 alumnos e alumnas e supuxo un investimento de 3.670 euros, 600 euros máis ca en 2015

O Concello de Frades incrementou en 600 euros as súas axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2015-2016, que beneficiarán a un total de 41 familias do municipio, 12 máis ca na convocatoria de 2015. Unhas bolsas que foron entregadas aos beneficiarios polo alcalde, Roberto Rey Martínez, e polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa.

As axudas do Concello de Frades ascenderon a un total de 3.670 euros, seiscentos euros máis ca na convocatoria de 2015 debido ao incremento no número de solicitudes. “As axudas escolares, ao igual que o resto das políticas sociais, son a principal prioridade deste Concello, por iso cada ano o esforzo inversor nestas partidas é maior”, destaca Roberto Rey. As bolsas para transporte escolar están dirixidas ao alumnado de Bacharelato ou Grado Medio de Formación Profesional, mentres que as de material escolar son para alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria.