Friday 22 de November de 2024

Touro celebra mañán venres, 24 de xuño, o seu Día do Neno


O Concello de Touro vivirá mañá venres, 24 de xuño, o seu xa tradicional Día do Neno. Será na Praza do Luar, zona onde está ubicada a Casa da Cultura e piscina e a zona de servizos. O Concello de Touro, de 16.00 a 20.00 horas e para que disfruten todos os pequenos, instalará un parque infantil con inchables e organizará obradoiros de globoflexia e maquillaxe. Tamén haberá xincana de xogos tradicionais con bolos, rá, petanca, pesca da botella, trompos, limbo, tiro da corda, carreira de sacos, zancos e pratos chineses.
O tren turístico comenzará o seu percorrido ás 13.00 horas. A media tarde, sobre as 19.30 horas, e para despedir a xornada de diversión está programada a actuación dun contacontos. Será a peza: ‘¿Por qué é salgada a auga do mar?’. O argumento parte dun conto tradicional que trata de dar explicación á salinidade dos océanos e que ten versión en case todas as culturas do mundo. Mañán en Touro a diversión está garantida.