Saturday 28 de September de 2024

Festas de San Paio na parroquia de Buscás


Terán lugar este vindeiro domingo, 26 de xuño, e estarán amenizadas polas orquestras Compostela e Israel Espectáculo. A misa será ás 13.30 horas

Este vindeiro domingo, 26 de xuño, a parroquia de Buscás celebrará as súas festas patronais na honra de San Paio. Haberá misas ás 9, 10, 11, 12 e 20 horas, deixando para as 13.30 horas a misa solemne. A orquestra Compostela animará tanto a sesión vermú como a verbena nocturna, pase no que compartirá escenario con Israel Espectáculo.