Saturday 16 de November de 2024

Feijóo anuncia un investimento de 5 millóns de euros en axudas para reducir o desemprego de longa duración e para promover o emprego autónomo


Estas ordes, dotadas cun importe conxunto de 5 millóns de euros, beneficiarán como mínimo a 250 empresas e 530 autónomos e parados de longa duración

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a convocatoria de dúas ordes de axudas encamiñadas a crear emprego: unha delas, dotada con 2 millóns de euros, que beneficiará a 130 desempregados de longa duración; a outra, cun orzamento de 3 millóns de euros, que aspira a chegar a 250 empresas e 400 autónomos que desexen crear iniciativas nas que se impliquen, polo menos, dúas persoas.

As axudas para contratar parados de longa duración poderán solicitalas empresas que inclúan a unha destas persoas nos seus cadros de persoal entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro. Teñen dúas modalidades. A primeira dedícase a promover que se asine de inicio un contrato indefinido e disporá 10.000 euros por persoa, 15.000 se é muller e un 15% máis se é para traballar nun concello rural. Se as tres cuartas partes do persoal da empresa teñen un contrato indefinido, os importes serán de 15.000 e 20.000 euros, respectivamente. A segunda modalidade impulsa a transformación de contratos temporais en indefinidos con 2.500 euros por persoa, 5.000 se é muller ou 5.000 por persoa, 7.500 se é muller, no caso de que a empresa conte con máis dun 75% de indefinidos. Todos eses importes serán un 15% superiores para aquelas empresas de concellos rurais.

No caso das axudas para autónomos, poderán beneficiarse aquelas persoas que se desen de alta no 2016, ata o 30 de setembro. Impulsará iniciativas nas que se impliquen alomenos dúas persoas, ata chegar a unhas 250 empresas e 400 autónomos. Estes apoios teñen catro modalidades, compatibles entre si: as axudas para xerar emprego estable (entre 4.500 e 6.000 euros por contrato, ata un máximo de dez, o 15% máis se a persoa vai traballar nun concello rural); as destinadas a formación, que cubrirán ata o 75% do seu custe; as que cofinanciarán os gastos propios do inicio da actividade como autónomo; e as orientadas a mellorar a conciliación financiando ata o 75% do custe da gardería para os fillos menores de 3 anos cun máximo de 3.000 euros.

Por tanto, como sinalou o presidente da Xunta, estes 5 millóns de euros que destinamos a maiores van a supoñer unha axuda para que os parados de longa duración teñan unha subvención moi alta no caso de que algunha empresa os contrate e tamén unha incentivo de 30.000 euros por cada dous autónomos que queiran crear unha iniciativa autónoma. Segundo subliñou Feijóo, “non hai mellor política social que a política de emprego”.