Os alumnos do CEIP Portofaro realizaron un festival de música, teatro, recital e baile co que lograron 600 quilos de produtos que doarán á despensa de alimentos da Barcala. Hoxe era o último día lectivo de colexio e aproveitaron para realizar o festival.
A maioría dos produtos son de primeira necesidade, hixiene persoal e aseo, tal e como recomendaron os voluntarios que xestionan a Despensa de Alimentos.
O concello unicamente colaboraró na difusión da actividade e na distribución de caixas para que os alumnos clasificasen os produtos, antes de cedelos á Despensa.
García Patiño desprazouse hoxe ao centro educativo para agradecer a colaboración dos alumnos e asegurou que os escolares cambreses son un “exemplo a seguir do mesmo xeito que os voluntarios de Cambre”.