Un total de 121 solicitudes foron presentadas en prazo para a realización de cacharelas de San Xoán na noite de mañá xoves nos distintos lugares e núcleos do municipio de Riveira.
Cómpre lembrar que por regra xeral non están permitidas as fogueiras nas praias e que en zonas urbanas permitirase facer a cacharela sobre pavimentos (asfaltado, embaldosado…) sempre e cando se coloque sobre unha chapa metálica protectora ou sobre unha capa de area de polo menos 10 centímetros.
En calquera caso non se permitirá a realización de fogueiras nos areais dos espazos naturais protexidos (Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia LIC Complexo Húmido de Corrubedo), nin tampouco nas praias incluídas no Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.).