Friday 22 de November de 2024

O loitador de Touro (Loxo) Damián Iglesias Vilela, acude concentrado o C.T.D de Palma de Mallorca


O deportista Damián Iglesias Vilela (Club de Loita Touro), acudirá dende o mércores 22 de xuño ata o venres 8 de Xullo, o Centro de Tecnificación Deportiva de Palma de Mallorca, para preparar o torneo internacional Gran Premio de España de Loita.
O deportista de Loxo (Touro), afinará a súa preparación con un dos grupos de rendemento mais contrastados do ámbito nacional. O grupo do C.T.D. de Palma de Mallorca, ten grandes resultados a nivel internacional. Isto é algo que quere aproveitar Damián Iglesias, para afinar a súa preparación ante a convocatoria da selección nacional absoluta, para participar no Torneo Internacional Gran Premio de España de Loitas Olímpicas, que terá lugar en Madrid o 8 ó 10 de Xullo.
A boa relación entre os deportistas, técnicos e as propias Federacións (Balear e Galega), facilitan este tipo de intercambios para a formación dos deportistas. Certo é que a Federación Española de Loita facilitou o desprazamento do deportista de Loxo o C.T.D de Palma, de cara a súa preparación internacional.
Damián atópase en un gran estado de forma, xa que ven de gañar no pasado torneo RGCC de Gijón, o actual campión de España absoluto e deportista preolímpico, o Madrileño, Cristián Rodríguez.
Damián Iglesias actualmente está becado no CGTD de Pontevedra, onde adestra as ordes de Alexander Kachelaev e Marcos Miragaya Lama. Ambos adestradores preparan a un dos mellores grupos de adestramento de España, en canto os resultados obtidos.