Friday 22 de November de 2024

A Asociación Galega de Leñadores e unha plataforma online de compra-venda de madeira, novos proxectos que escollen Galiforest Abanca para presentarse


DARANSE A COÑECER EN SENDAS XORNADAS TÉCNICAS QUE TERÁN LUGAR O SEGUNDO DÍA DE FEIRA

A cuarta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrará do 30 de xuño ao 2 de xullo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), converterase nun espazo de presentación de novidades. Así, non só se darán a coñecer innovacións na súa área expositiva, senón que o seu programa de actividades incluirá xornadas centradas en novos proxectos galegos vinculados co ámbito forestal.

E-monte é unha destas iniciativas, consistente nunha plataforma online de compra-venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas que non fai necesario o contacto director entre ambas partes para ver as plantacións e permite realizar puxas.

O seu funcionamento é sinxelo, os propietarios cobren unha ficha aloxada na plataforma que, entre outros datos, inclúe a superficie da plantación que queren vender, a especie forestal, a referencia catastral, fotografías e a súa xeolocalización, o que permite á empresa interesada acudir sen necesidade de contactar co propietario Una vez vista a plantación a empresa pode facer unha oferta por ela na web, obtendo información do número de puxas que hai e se algunha é superior á súa, pero sen coñecer as entidades que as ofrecen. Pasados 30 días, en función das ofertas, o propietario decide se fai a venta pola maior cantidade ofertada ou non.

Esta plataforma galega, que xa está operativa e é gratuíta, inclúe varios distritos forestais galegos, sendo o seu obxectivo amplialos e mesmo operar fóra da comunidade. Víctor Rivas, CEO de e-monte, será o encargado de presentala.

Asociación Galega de Leñadores

Por outra banda, Galiforest Abanca 2016 acollerá a presentación doutro proxecto galego, a Asociación Galega de Leñadores, a cal é aínda unha idea na súa fase inicial motivada, entre outros factores, polo rexurdir que tivo a leña nos últimos tempos.

O obxectivo desta iniciativa é recoller información do sector, elaborar un plan de viabilidade e finalmente crear unha asociación de leñadores constituídos como pequenas e medianas empresas que poña en valor as leñas galegas, dando valor ao produto, empregando as mellores tecnoloxías, reducindo custes de aprovisionamento, promovendo o consumo de leña, favorecendo o desenvolvemento rural sostible e recuperando o sentimento de fogar asociado dende sempre á leña.

Todo elo permitirá, segundo os seu promotores, ter leña galega no mercado cunha marca propia e comercializada como un produto acorde ao consumidor do século XXI, rematado, listo para consumir, estandarizado, con información básica e dispoñible nos puntos de venda. Todo elo coas conseguintes vantaxes a nivel social e medioambiental.

Esta iniciativa será presentada na feira polos seus promotores, Tito Iglesias, economista, e Manuel Peixoto, enxeñeiro técnico forestal.