O concello de Ordes acolleu ao longo das últimas semanas un curso básico de Protección Civil coordinado pola agrupación local, con Honorino Raña á cabeza. Na convocatoria participaron un total de 15 futuros voluntarios da zona de As Pontes, Carballo, Negreira, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Miño, que ao longo de 32 horas adquiron coñecementos de primeiros auxilios, lexislación, loita contra incendios, igualdade de xénero ou seguridade vial entre outras materias. No que se refire á parte docente os encargados de conducir as sesión formativas foi o persoal médico do 061, Bombeiros de Ordes, Policía Local de Ordes e profesionais do CIM da Mancomunidade de Ordes.
Os organizadores desta iniciativa agradecen a colaboración dos corpos de seguridade e de entes como o Concello de Ordes ou a Mancomunidade de Ordes, por toda a colaboración brindada para o seu desenvolvemento.