Friday 22 de November de 2024

O grupo de Teatro en Familia da ANPA Carboeiro presenta mañá mércores no centro cultural de Sigüeiro a obra “Isto cheira mal!!!”


A peza, na que participarán 33 actores do CEIP do Camiño Inglés, tratará sobre a necesidade de manter limpo o Paseo do Río Carboeiro

O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá mércores 22 de xuño, ás 19:00 horas, a representación da obra “Isto cheira mal!!!”, da man do grupo Teatro en Familia da ANPA Carboeiro. Unha representación aberta a toda a veciñanza e na que participarán 33 actores e actrices do CEIP do Camiño Inglés.

“Isto cheira mal!!!” é unha obra orixinal de Mayte Silva, dirixida e adaptada por Patricia Méndez Alonso, que relata o aprezo de todos os presentes polo Paseo do Río Carboeiro e pon de manifesto pequenos labores que todos e cada un dos veciños e veciñas de Oroso poden realizar para mantela limpa e en perfecto estado.