Esta mañá concluíu o curso básico de atención xeriátrica no domicilio: unha acción formativa gratuíta promovida por H+D (Fundación Humanismo y Democracia) e que estivo tendo lugar dende o pasado 6 de xuño coa colaboración do Concello nas aulas formativas municipais da Rúa Cristóbal Colón.
Os asistentes, 25 en total, tiveron oportunidade de adquirir os coñecementos, ferramentas e habilidades necesarias para afrontar as dificultades diarias das persoas coidadoras.
Tivo unha duración de 36 horas e estivo destinado a persoas desempregadas.