Friday 22 de November de 2024

Éxito de participación e grande afluencia de público no II Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show


Máis de 330 deportistas dun total de 16 equipos deron o mellor de si sobre a pista dun abarrotado pavillón Castelao I

Máis de 330 patinadores e patinadoras de 16 equipos e con idades comprendidas entre os 8 e os 20 anos, déronse cita no pavillón Castelao I esta fin de semana para participar no II Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show. Todas e todos eles deron o mellor de si ante un público que deixou pequeno o pavillón, quedando así constancia da enorme afección que ten esta modalidade deportiva.

Finalmente os grupos que subiron ao podio a recoller o seu premio de mans do alcalde e do concelleiro de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Luis Caamaño, foron os seguintes:

Grupos Show Cuartetos Secundaria
1º) CP Brincadeira (A Coruña).
2º) CP Apóstolo Santiago (Vigo).
3º) CP Galia (Ordes).

Grupos Show Cuartetos Primaria
1º) CP Patiart-Coristanco.
2º) CP Oroso.

Grupos Show Pequenos Secundaria
1º) AD Liceo La Paz (Coruña).
2º) CP Galia (Ordes).
3º) AD Fontiñas (Santiago).

Grupos Show Grandes Secundaria
1º) CP Brincadeira (A Coruña).
2º) CP Conxuro-Laracha.
3º) AD Fontiñas (Santiago).

Grupos Show Grandes Primaria
1º) CP Costa da Morte (Cee).
2º) CP Rosaleira Mos (Pontevedra).
3º) CP Axel-Arteixo.

Grupos Show Pequenos primaria
1º) AD Liceo La Paz (Coruña).
2º) CP Brincadeira (A Coruña).
3º) CP Axel-Arteixo.