Friday 22 de November de 2024

A mostra coas obras da “Trobada d´Art. De l´Empordà a Galicia” poderá visitarse na sala de exposicións de Brión ata o 22 de xullo


García destaca: “que un Concello de pouco máis de 7.500 habitantes poida presentar aos seus veciños dúas exposicións de calidade en apenas 24 horas é para estar máis que orgulloso polo traballo feito”

O salón municipal de exposicións de Brión acolle ata o vindeiro 22 de xullo unha exposición con 26 obras doutros tantos artistas catalanes e galegos elaboradas durante a segunda edición da “Trobada d´Art de l´Empordà a Galicia”, celebrado o pasado ano no municipio xerundense de Castell-Platja d’Aro. Unha mostra que foi inaugurada esta fin de semana dentro da terceira edición destes encontros, denominada “XI Encontros coa Arte. De l´Empordà a Galicia”, polo alcalde de Brión, José Luís García, e o concelleiro de Cultura de Castell-Platja d’Aro, Lluís Pujol.

García salientou: “que un Concello de pouco máis de 7.500 habitantes poida presentar ante os seus veciños dúas exposicíons de gran calidade e con firmas de tanto prestrixio como as que colgan da sala de exposicións municipal e do Balnerario do Tremo con apenas 24 horas de separación entre unha e outra é para estar máis que orgulloso polo trabalo realizado”. O alcalde brionés indicou que “pese a que nos separan fisicamente máis de 1.200 quilómetros, a cultura e a arte se encargan de achegarnos. Non porque sexamos iguais, nin sequera parecidos. Senón porque somos diferente, falamos distintas linguas, temos costumes diferentes… pero ambos temos a suficiente cultura para celebrar esas diferencias e saber que podemos aprender moito uns dos outros sen deixar de ser nós mesmos”.

Pola súa banda, Lluís Pujol agradeceu a acollida brindada polo Concello de Brión e disculpou a ausencia do alcalde de Castell-Platja d’Aro. Así mesmo, o concelleiro de Cultura destacou o nivel da exposición: “esta sala respira arte por los cuatro costados gracias a los artistas, auténticos protagonistas”. Ademais, adiantou que “desde el próximo lunes comenzaremos a trabajar en la Trobada d´Art de 2017, que se celebrará en Castell-Platja d’Aro”.

Exposición

O comisario da exposición e técnico de Cultura de Brión, Alberto Álvarez, explicou que exposicións coma esta “nos axudan a entender a arte” e salientou a variedade que inclúe a mostra, “onde a luz do Mediterráneo convive coa luz tenue da paisaxe galega”. Así mesmo, agradeceu a colaboración do pintor Xosé Luís Barreiro, que cedeu unha das súas obras como agasallo institucional do Concello de Brión ao Concello de Castell-Platja d’Aro; e de Silvia García, decana da Facultade de Bellas Artes de Pontevedra, ambos presentes en Brión.

Pola súa banda, a representante dos artistas cataláns, a pintora Alba Roqueta, instou aos presentes a “disfrutar de la amistad, de los sueños y de los colores”.

A exposición, que se poderá ver na sala municipal de Brión ata o vindeiro 22 de xullo, conta con 26 obras de dez artistas cataláns (Alba Roqueta, Alfredo Juárez, Antonio Marqués, Carles Bros, Emili Armengol, Joan Raset, Jospe Miralles, Lluís Roura, Pep Camps e Quim Ros) e dezaséis artistas galegos (Antón X Díaz-Caxoto, Beatriz Ansede, Carmen Hermo, Chelo Rodríguez, Isabel Pintado, Laureano Vidal, Luís Romero, Maica Alonso, María Manuela, María Xesús Díaz, Rebeca Ponte, Ricardo Rilo, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xosé Vázquez Castro e Xosé Vizoso).