Un centenar de veciños e veciñas do Concello de Touro visitaron o pasado sábado a Costa da Morte. Os excusionistas saíron cedo do Concellos en autobús e coñeceron as localidades de Camariñas, Muxía, Camelle e Vimianzo. Nestas localidades coñeceron os puntos máis turísticos como foron o Faro Vilán, o Santuario da Virxe da Barca o Museo do Alemán e o Castelo de Vimianzo. Xa á tardiña regresaron a Touro despois de disfrutaron dunha intensa e asollada xornada turística.