As previsións de participación superáronse con creces ata o punto de que foron arredor de 900 as persoas as que ás 11 da mañá concentráronse na praza de España dispostas a tomar parte nunha nova edición do Día da Bici de Riveira: unha das propostas organizadas dende a Concellería de Deportes no marco da programación do Xuño da Cultura e as Artes.
Nun día soleado e cun ritmo moi accesible a xente de toda condición física (a dificultade plantexada era medio-baixa), os asistentes tiveron a oportunidade de disfrutar do percorrido de 9,5 kilómetros de distancia que os levou por distintas rúas e avenidas da cidade, como Alcalde Fernández Bermúdez, Rosalía de Castro, Galicia, Manzanares, Malecón, avenida da Coruña, avenida da Paz, Miguel Rodríguez Bautista, etc. O club ciclista Os Saltamontes encargouse do control técnico.
O máis pequenos tiveron a oportunidade de percorrer os primeiros 2 kilómetros, de perfil eminentemente chan, e acto seguido disfrutar nunha xincana e distintos inchables dispostos na propia praza de España en tanto non concluía a actividade.
A cita concluíu co sorteo de agasallos entre os participantes.