Thursday 21 de November de 2024

O vicepresidente da Xunta recibe ao presidente da Asociación Galega de Médicos Forenses, Fernando Serrulla Rech


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu a pasada semana ao presidente da Asociación Galega de Médicos Forenses, Fernando Serrulla Rech, co que abordou o traballo destes profesionais que prestan asistencia pericial nos tribunais, fiscalías e xulgados galegos.

Os forenses realizan un labor fundamental de asesoramento da Administración de Xustiza e boa mostra desa colaboración é o nacemento do Instituto de medicina Legal de Galicia, o Imelga, que depende da propia Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e conta sedes nas sete grandes cidades de Galicia.

Fernando Serrulla é responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Imelga, que se ubica no Hospital de Verín e da servizo a toda Galicia para o estudo de restos óseos. Entre os seus traballos máis recentes destaca a coordinación do Atlas de antropoloxía forense. Correlacións desde a patoloxía forense, editado a finais de 2015.