Friday 22 de November de 2024

Veciños e veciñas de Frades rematan con éxito un curso de horta ecolóxica


Un total de 26 veciños e veciñas de Frades remataron con éxito un Curso de Horta Ecolóxica, de trinta horas lectivas e organizado polo Concello de Frades. O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, foi o encargado de felicitar ao alumnado e facerlles entrega esta pasada fin de semana dos correspondentes diplomas acreditativos.

Este Curso de Horta Ecolóxica foi unha iniciativa formativa teórico-práctica que foi impartida entre o multiúsos de Frades e unha leira municipal todos os sábados dende o 16 de abril ata o 11 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Durante este tempo, o alumnado adquiriu coñecementos sobre as plantas e as súas funcións, aprendendo a prepara o solo, sementar, plantar, fertilizar de xeito natural, elaborar compost, aboar en verde… Ademais, os participantes aprenderon a controlar pragas, enfermidades e malas herbas dun xeito natural, así como as rotacións dos cultivos máis importantes e como facer fertilizacións.