Máis de 300 nenos e nenas das categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín dun total de máis dunha ducia de equipos disputarán o trofeo
Esta fin de semana, 11 e 12 de xuño, terá lugar o XI Torneo Fútbol 8 S.D. Club Órdenes no campo municipal de Vista Alegre. Sobre o terreo de xogo demostrarán a súa valía os máis de 300 nenos e nenas participantes das categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín dos seguintes equipos: Ordes; Milladoiro; Paiosaco; Cabana; Curtis; Arzúa, Once Caballeros; Tordoia, Visantoña, Olímpico, Bertamiráns e Cerceda. Os partidos arrancarán ás 10 horas e finalizarán ás 20 horas coa entrega de trofeos ambas as xornadas. O sábado será o día para os prebenxamíns e alevíns, mentres que o domingo o será para os biberóns e benxamíns.
A S.D. Club Ordes agradece a colaboración brindada polas máis de 60 firmas comerciais da zona, así como ao Concello de Ordes, pais, nais, socios e simpatizantes que coas súas achegas e colaboración fan posible a realización deste torneo.