Tal e como se efectuou o mes pasado no novo mercado municipal de Riveira, o Concello de Riveira ten tamén a intención de incentivar a actividade da praza de abastos de Palmeiro a través do sorteo dunha fritideira.
A mecánica será semellante á outra iniciativa: todo comprador nalgún dos postos do mercado palmeirán recibirá un boleto co número correspondente para optar ao regalo. O sorteo terá lugar a fin de mes.
Sen aparecer o agraciado
Ao fío disto, cómpre informar de que aínda non apareceu o gañador da fritideira sorteada a semana pasada en Riveira. O número do agraciado é o 944. No caso de non aparecer antes do día 15 procederase a realizar un novo sorteo.