Benxamín Concello de Touro, no que participarán arredor de 150 nenos e nenas
O campo de fútbol de Loxo acollerá o próximo sábado, día 11 de xuño, o VIII Trofeo F-8 Alevín Concello de Touro e o VII Trofeo F-8 Benxamín Concello de Touro. O Concello de Touro, en colaboración coa Sociedad Deportiva Touro, organiza cada ano un dos torneos máis recoñecidos en toda a provincia da Coruña.
Os partidos comenzarán a disputarse ás 10.00 horas. Haberá partidos durante toda a xornada do sábado. Arredor de 150 rapaces e rapazas de equipos de toda a comarca acudirán a competir ao campo de fútbol de Loxo. Está previsto que no campeonato alevín participen os seguintes equipos: SD Touro, Cruces, Val do Ulla, Callobre (A Estrada), San Mamede, Bertamiráns, Burgo das Nacións e Cire Melide. E no torneo de alevíns acudirán SD Touro, Callobre, Val do Ulla, Boqueixón, Praíña (Pontevea) e Silleda.
Os partidos, na súa fase final, terán dous tempos de 15 minutos cada un. Está previsto que arredor das 20.30 horas se faga entrega dos trofeos aos gañadores. E tamén aos finalistas. Acudirán as autoridades locales, encabezadas polo alcalde, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes de Touro, Adela Iglesias.