Saturday 16 de November de 2024

A fadista María do Ceo dará un concerto o sábado 11 de xuño na Casa da Cultura de Lousame para presentar o seu novo disco “De Portugal a Galicia”


María do Ceo, cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia, presentará o seu novo disco, “De Portugal a Galicia”, este sábado 11 de xuño, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. A entrada é libre e de balde, ata completar aforo. A admisión realizarase por estricta orde de chegada.

“De Portugal a Galicia” é o duodécimo traballo de María do Ceo e contén 28 cancións baixo o formato de dobre CD. A metade das pezas están cantadas en portugués e a outra medade en galego, o que pon de manifesto o carácter plurinacional da artista. En Lousame, a fadista interpretará unha selección de temas, misturando versións de pezas clásicas de Galicia e Portugal, así como novas composicións musicadas por ela mesma e con letras de Armando González. María do Ceo considera que este disco “é galego de corazón e con sangue portuguesa”, polo que cumpriu o soño de dar voz ás súas dúas terras.