Friday 22 de November de 2024

Cambre entregou os “Supermouchos” aos máis lectores do ano


Cambre entregou os “Supermouchos”, premios aos usuarios das tres bibliotecas municipais que máis libros levaron en préstamos durante o último ano. Sesenta usuarios, os máis lectores do ano, das tres bibliotecas (Central, Xabier Docampo e Templarios) recibirán un diploma acreditativo e un libro. O concelleiro de Cultura, Ramón Boga, entregará os Supermouchos.

Os premios Supermouchos veñen do programa “Moucho Leroucho” que ten unja programación estable dende outubro ata maio nas tres bibliotecas municipais e nas aulas de Educación Infantil e 1º de Primaria de todos os centros de ensinanza pública de Cambre. Os premios supermouchos deste ano inclúen a nenos de tres anos ata persoas de máis de 70 anos.

Por outra banda, en próximas datas, na biblioteca Os Templarios, a directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) fará entrega do premio á usuaria da Biblioteca Os Templarios, Nerea Tomé Regueiro, gañadora do concurso “Atopa un animal de Conto” promovido para celebrar o día do libro infantil e xuvenil.