Saturday 16 de November de 2024

Os centros educativos do municipio de Riveira rexistrarán obras de mellora por valor de 600.000 euros durante este verán


Financiadas pola Consellería de Educación e polo Concello

Unha vez conclúa o período escolar, os centros educativos do municipio van ser obxecto dun conxunto de obras de mellora ao longo do verán que entrañan a inversión máis importante neste ámbito dos últimos anos: arredor de 600.000 euros, froito das reunións e as constantes conversas mantidas entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Riveira co fin de afrontar as necesidades máis relevantes a nivel de infraestruturas da comunidade educativa local .

O xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, deu conta ao alcalde Manuel Ruiz das actuacións a emprender pola Xunta e que xa contan co beneplácito do Parlamento galego: un total de oito obras que suman un valor de algo máis de 512.000 euros. Estas obras son:

• Finalización da instalación da nova liña de medio tensión no Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso (8.350 euros)
• Entrada de auga polos muros de bloque no IES Leliadoura (10.000 euros)
• Reforma de baños anexos ao pavillón no IES Leliadoura (24.805),
• Reforma de Cuberta no CEIP O Grupo (45.000 euros)
• Construción de almacén para ciclo de secundaria no CIFP Coroso (50.000 euros)
• Instalación de ascensor hidráulico no colexio plurilingüe de Frións (54.032 euros)
• Cuberta do pavillón do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso (150.000 euros)
• Reforma da cuberta do CEIP de Palmeira (170.000 euros).

Pola súa parte, o Concello tamén ten previsto acometer outras actuacións con cargo aos orzamentos municipais por máis de 80.000 euros. Entre elas:

• Conserxería do colexio O Grupo
• Acondicionamento do patio do centro Heroínas de Sálvora de Aguiño
• Cuberta do colexio de Olveira