Friday 22 de November de 2024

Cambre aforra na adxudicación dos contratos de seguros máis de 11.000 euros


Os contratos das tres pólizas de seguros se licitaron por unha cuantía de 61.500 euros e finalmente adxudicáronse por 50.208 euros

O Concello de Cambre aforrouse máis de 11.000 euros nos contratos de seguros do ente municipal. Os contratos das tres pólizas de seguros se licitaron por unha cuantía de 61.500 euros e finalmente adxudicáronse por 50.208 euros.

En concreto nos seguros de responsabilidade civil, vehículos e máquinas, e accidentes en actividades municipais. Segundo o concelleiro de Réxime Interior, Juan Evaristo Rodríguez, as condicións melloráronse substancialmente con respecto as anteriores pólizas.

Neste senso, no seguro de Responsabilidade Civil e vehículos aumenta a cobertura dos sinistros e riscos na mellora dos límites máximos por accidente, tamén melloran os tempos de resposta en informes periciais. Asemade contan cun departamento propio en administración públicas, e cunha plataforma online activa 24 horas os 365 día do ano.