Friday 22 de November de 2024

Unhas 130 persoas participaron nunha ruta de sendeirismo entre as minas de San Finx (Lousame) e San Ramón de Bealo (Boiro)


Unhas 130 persoas participaron esta fin de semana na ruta de sendeirismo entre as Minas de San Finx e San Ramón de Bealo, que por cuarto ano consecutivo organizan os Concellos de Lousame e de Boiro. A ruta, de 12 quilómetros de lonxitude, partiu este ano das minas de San Finx, onde os sendeiristas fixeron unha visita guiada de case unha hora ao museo e os seus arredores da man de Mayte Sobradelo, técnica do Concello de Lousame.

Tras a visita, a expedición partiu cara o Monte Seixiño, onde fixeron un descanso para desfrutarán dunha vista panorámica da desembocadura do río Beluso. Os camiñantes chegaron a iso das dúas da tarde á ermida de San Ramón de Bealo, onde puideron visitar os petróglifos da Laxe do Agoeiro e un dos poucos muíños de río que queda en funcionamento pola contorna.