Haberá un circuito de karts no que os axentes ensinarán aos pequenos os sinais de tráfico e o que deben facer para ter maior seguridade nas rúas
A Agrupación de Voluntarios Protección Civil de Cambre, Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias, organizan o vindeiro sábado 11 unha xornada de seguridade e prevención na rúa que comezará ás 11.00 horas no Campo da Feira e continuará ata a noite. A concelleira de Seguridade, Josefa Vázquez Soto, sinala que é unha “boa oportunidade para que os máis pequenos poidan xogar á vez que aprendan as normas de seguridade e de autoprotección no fogar”
A xornada pretende concienciar aos máis pequenos sobre a seguridade vial, primeiros auxilios, riscos de autoprotección no fogar ou prantas venenosas.
Haberá un circuito de karts no que os axentes ensinarán aos pequenos os sinais de tráfico e o que deben facer para ter maior seguridade nas rúas. Tamén haberá unha exposición de vehñículos de bombeiros, protección Civil e Policía Local de Cambre na mesma praza. Todas as actividades serán de balde.