O Concello de Riveira informa de que os Servizos Sociais verán incrementadas en case un 42% o número de horas ao ano dedicadas á atención a persoas dependentes ata alcanzar as 42.972.
Isto é así tras a resolución da Consellería de Política Social, no marco da Nova Axenda Social coa Administración local, de outorgar ao Concello de Riveira un total de 12.684 horas/ano a maiores das que viña prestando (30.288 o ano pasado), o que permitirá á nosa administración incrementar o número de persoas dependentes atendidas: 105 a día de hoxe.
Curso
Ao fío disto, cómpre informar de que o Concello de Riveira vai impartir a partir do mes de xullo un novo curso para que 15 persoas poidan formarse en atención a persoas dependentes no domicilio como unha oportunidade laboral que sigue en alza.