A Casa Consistorial de Riveira vén de estrearse como recinto para exposicións coa mostra “O Mundo Máxico de Antón”, unha proposta elaborada por un neno de Portosín de dez anos de idade, Antón Romero Piñeiro, que padece autismo e posúe un alto de creatividade que o plasma a través do debuxo.
A exposición está composta por un total 18 cadros de gran colorido mas que se representan os máis variados animais, como vacas, rás, mapaches, dragóns, ratóns, cans, etc. Pódense contemplar tanto na escalinata principal do interior do edificio como no primeiro andar
Ao acto de apertura desta mañá acudiron gran número de asistentes. Entre eles, os alcaldes de Riveira e Porto do Son, Manuel Ruiz e Luis Oujo, a edil de Cultura Fabiola García, outros membros da corporación local e, por suposto, o pequeno gran artista acompañado dos seus pais e outros familiares.
O acto contou coa intervención introdutoria de Fabiola García e coas palabras da nai de Antón, Avelina Piñeiro (quen explicou que esta iniciativa naceu como unha exposición en Portosín con motivo da conmemoración do autismo o pasado 2 de abril e que tras o seu paso posterior por Boiro recala agora na “casa de todos” dos riveirenses). Tamén interviu Malena Sánchez, profesora de debuxo de Antón, quen loou as súas cualidades para a arte ao igual que Sara, unha antiga alumna que agora é ilustradora profesional quen describiu que é o que fai únicos estes debuxos.
Compromiso co autismo
Pechou o acto o alcalde salientando o compromiso deste Concello por inducir á sociedade a unha reflexión sobre o autismo con accións como esta e cos pictogramas instalados no Concello hai dous meses, dando paso a continuación a unha proxección audiovisual sobre o mundo máxico de Antón e a visita da mostra.