Feijóo refírese á formación como a chave para que Galicia siga sendo sinónimo de calidade, de hospitalidade e de cordialidade
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á formación como a chave para que Galicia siga sendo sinónimo de calidade, de hospitalidade e de cordialidade.
Durante a cerimonia de graduación 2016 da promoción de alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Feijóo felicitou aos 92 mozos protagonistas deste acto e aseverou que a vocación e implicación serán a panca do éxito nun mercado de traballo cada vez máis especializado.
O presidente da Xunta salientou tamén o traballo dos profesores que fan posible que o Centro Superior de Hostalería de Galicia sexa unha referencia a nivel nacional.