Como vén sendo habitual unha das actividades inscritas no programa do Xuño da Cultura e as Artes é a clausura dos obradoiros que dende o Servizos Social se organizan no marco do Programa de Dinamización Social dos nosos Maiores: un evento que contou coa asistencia de máis de 200 persoas e que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz.
A actividade contou cunha variada proposta de accións destinadas a visualizar o labor desenvolvido neste obradoiro: dende unha proxección audiovisual sobre o contido dos distintos talleres realizado por Fernando Yáñez ata lecturas de emotivos textos e exhibicións de baile.
A acción concluíu coas palabras da concelleira Esther Patiño e Manuel Ruiz e a posterior entrega de diplomas aos asistentes.
Como dato a destacar cómpre dicir que nas paredes do acceso ao Auditorio pendían algunhas das obras realizadas polos alumnos do obradoiro de Artes Plásticas, entre elas unha que reproducía “A Creación de Adán” de Miguel Anxo.