Friday 22 de November de 2024

Xuntanza veciñal para organizar as próximas festas patronais


O Concello convoca unha reunión mañá xoves, 2 de xuño, ás 21.30 horas no auditorio da casa da cultura

O Concello de Ordes convoca a todos os seus veciños e veciñas á xuntanza que terá lugar mañá xoves, 2 de xuño, ás 21.30 horas no auditorio da casa da cultura. Unha cita na que se abordará a organización das próximas festas patronais da vila de Ordes na honra a Santa María, as cales terán lugar o vindeiro mes de agosto. Dende o Concello de Ordes agradécese de antemán a asistencia á dita xuntanza.