Mañá mércores 1 de xuño comeza o prazo para confirmación de praza da Escola Infantil Municipal.
Unha vez transcorrido o prazo de exposición das listas definitivas de admitidos na Escola Infantil Municipal, entre os días 1 e 15 de xuño está aberto o período de confirmación de praza e matrícula para o curso 2016/2017.
Para realizar a confirmación de praza os interesados deben dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais en Praza 8 de Marzo, baixo s/n (Urbanización Mirador de Padín).