O secretario xeral recordou a inmellorable traxectoria do deportistas, e os éxitos recentemente acadados, xunto á clasificación para Río de Xaneiro
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, felicitou a Iago López Marra pola súa clasificación para participar nos Xogos Olímpicos de Río 2016.
Os resultados están a acompañar o regatista de Porto do Son que se proclamou gañador da Delta Lloyd Regatta en Medemblick (Holanda), xunto co seu compañeiro Diego Botín o pasado 28 de maio e serán os representantes españois na clase 49er nos Xogos Olímpicos de Río.
Lete Lasa quixo recoñecer con este acto a brillante traxectoria de Iago. En pouco menos dun ano, e xunto ao seu compañeiro Diego Botín, proclamouse en Barcelona campión de Europa, tras ser novenos no Mundial 2015 e undécimos no Mundial 2016.
A representación galega no equipo olímpico de vela queda formada por:
• Iago López e Diego Botín en 49er
• Tamara Echegoyen e Berta Betanzos en 49er
• Fernando Echávarri e Tara Pacheco en Nacra17(catamarán)