Susana López Abella, acompañou esta mañá á presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Ángeles Carmona, na presentación do protocolo no Círculo de Empresarios de Vigo
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu hoxe na importancia da sinatura do protocolo de violencia de xénero destinado ás empresas, que se configura como unha folla de ruta para a detección e o tratamento da violencia de xénero, dotando ás empresas dunha ferramenta que lles axuda á implantación de medidas preventivas para erradicala.
Susana López Abella, acompañou esta mañá á presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Ángeles Carmona, na presentación do protocolo de violencia de xénero destinado ás empresas, que tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia, e ao que asistiron tamén o subdelegado do goberno, Antonio Coello e o presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández, entre outros.
A titular de Igualdade explicou que a través da adhesión deste protocolo, as organizacións incorporan a prevención da violencia e xénero como medida de acción social voluntaria na Responsabilidade Social Corporativa de cada empresa, xa que as políticas de igualdade son tamén imprescindibles nesta materia, dende a educación á representación social das mulleres, pasando polo ámbito político e o laboral. Por iso, considerase moi positiva a actitude que adoptan as empresas de asumir a Igualdade, non só como parte da súa responsabilidade social senón tamén coma estratexia interna, coma piar fundamental para a erradicación da violencia de xénero e paliar as súas consecuencias.
A través do desenvolvemento deste protocolo, as distintas organización no ámbito laboral deixan expresa constancia da intención de adoptar, no marco das súas responsabilidades, cuantas medidas sexan necesarias para impulsar un ambiente de traballo libre de violencia de xénero. Para que no marco laboral se acade un ambiente positivo e saudable é unha das responsabilidades de todas as persoas que forman parte das empresas, polo que é de especial importancia o compromiso, tanto da Dirección da empresa coma das persoas que componen a plantilla, dado que o desenvolvemento dun clima e dun entorno laboral no que se respeten os dereitos humanos e a dignidade das persoas, así como un entorno laboral onde se marque unha clara e decidida actitude por parte da empresa en no tolerar a violencia de xénero.