O equipo do Papucín, en representación do Concello de Frades, proclamouse campión do XIX Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, disputado esta fin de semana no pavillón polideportivo de Tordoia. O conxunto fradense superou na final ao Arzúa na quenda de penaltis. Ademais dos equipos de Frades e Arzúa, no torneo tamén tomaron parte equipos dos municipios de Santa Comba, Outes, Trazo, Teo, Vedra, Negreira, Ordes e Touro.
O equipo do Papucín participou no torneo tras gañar a X Liga Municipal de Fútbol Sala de Frades, un torneo que xa gañou en tres ocasión nos últimos cinco anos (2013, 2014 e 2016), o que o converten no equipo máis laureado en Frades nos dez anos de vida deste torneo.