O club ordense de taekwondo regresa de Noia con outros dous subcampións e tres medallas de bronce, deixando constancia do bo nivel acadado
O club local de taekwondo Boudsport regresou do Campionato Galego en Idade Escolar ‘Xogade’ cun novo campión e dous subcampións rexionais e outros tres medallistas. O dito campionato, organizado pola Xunta de Galicia, disputouse en Noia, onde Manuel Castro Rodríguez acadou o ouro, mentres que Andrea Caneda Pájaro e Diego Varela Prego obtiveron senllas medallas de prata. O bronce foi parar ás mans de Olaya Blanco Sánchez, Pablo Liñares Bustabad e Eliana Suárez Mosquera.