Sunday 24 de November de 2024

Aberta a preinscrición para o Summer Camp 2016


Os nenos e nenas de 3 a 12 anos serán os protagonistas das actividades de conciliación de verán organizadas polo Concello, en quendas dende o 23 de xuño ao 9 de setembro

O Concello de Ordes manterá aberto ata o 21 de xuño o prazo de preinscrición para participar nas actividades de conciliación durante as vacacións de verán. A dita preinscrición deberá realizarse no Departamento de Educación e será necesaria para poder asistir a algunha das quendas quincenais previstas, as cales van dende o 23 de xuño ata o 9 de setembro.

O Summer Camp 2016 está especialmente dirixido aos nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos. O horario previsto vai dende as 9 ata as 14 horas, habendo a posibilidade de amplialo e contratar outros servizos. Ademais, en función do número de persoas inscritas, tratarase de habilitar un servizo de transporte durante xullo e agosto para os residentes nas parroquias do municipio. Este ano os prezos a aboar serán de 20 € (23-30 xuño), 44 € (1-15 xullo e 17-31 agosto), 36 € (18-29 xullo), 40 € (1-12 agosto), 28 € (1-9 setembro) en función da quenda escollida, tendo un desconto de ata o 50% para as familias numerosas.

Unha vez máis o Concello pon en marcha esta iniciativa en colaboración coa escola ConTalento, e contando co financiamento da Deputación da Coruña.