Friday 22 de November de 2024

Arranca o ciclo de charlas ‘Habilidades e nutrición saudables’ organizadas pola Mancomunidade de Ordes


A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes iniciou hoxe un novo ciclo de charlas baixo o título ‘Habilidades e nutrición saudable’. Nel participan 30 persoas que están a aprender aspectos de máiximo interese sobre nutrición saudable; prevención, detección e solución de problemas ocasionados por unha mala alimentación; habilidades sociais, perspectiva de xénero e inserción laboral; etc. As sesións teñen lugar nos baixos da Alameda de Ordes todos os luns de 10 a 12 horas ata o próximo 27 de xuño. As persoas interesadas en acudir poden solicitar praza nas oficinas da Mancomunidade ou ben a través do teléfono 607642863.
Esta iniciativa é froito do traballo conxunto e da colaboración entre a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes; CIM da Mancomunidade de Ordes; Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Consellería de Sanidade e o Fondo Social Europeo.