Pode descargarse na páxina web do concello dende hoxe
O Concello de Cambre presentou hoxe a Axenda verán que inclúe a programación cultural, deportiva e xuvenil do período estival. A programación contempla máis dun cento de eventos ou actividades para os meses de verán. O concelleiro de Cultura, Ramón Boga, puxo de manifesto a súa satisfacción coa presentación desta Axenda Cultural, xa que os eventos que se van realizar nestas datas poñen en valor marcos naturais claves e singulares do patrimonio histórico e natural do municipio.
Este ano as principais novidades serán a festa galaico romana do mes de xullo ou o XXV aniversario do Rock in Cambre, ademais das proxeccións de cinema, actuación de circo, ou os concertos coma o de Lydia Botana, Hugo Torreiro, e Susana Seivane ou a Noite de Jazz. Ademais, terá lugar o tradicional concerto da Banda de Música Sementeira, o Festival de Polifonia e Habaneiras, o concerto de Bandas de Música ou o de Pulso e Púa. Non eido do teatro haberá nove obras e unha actuación de maxia a cargo do mago Kiko Pastur. En canto ás actividades deportivas destacan as disciplinas coma a natación, piragüismo, equitación, patinaxe, tiro con arco, ciclismo, beisbol, fútbol, xadrez, tenis, ximansia, carreira e chave.
Tamén na programación xuvenil programáronse varias rutas, o volo en avioneta, finde de windsurf, os obradoiros na Casa Palmeiras, Surf, o descenso de río Mandeo en Kaiak, ou os campamento en Guitiriz e na Illa de San Simón. Por outra banda, destacan os prográmas de formación denominados de Emancipación organizados póla OMIX que este ano están dirixidos a mozos menores de 30 anos. Haberá un curso de monitor de tempo libre, de cociña, de primeiros auxilios, compra segura na internet ou o de “Chapuzas en casa”.