Thursday 21 de November de 2024

O novo Mercado alberga un Worshop para redeiras sobre produción de mobiliario dentro do programa autonómico Enredadas


Conta coa colaboración da firma boirense Juan Ares Marine Design

Por iniciativa da Xunta de Galicia e da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño (que xestiona a marca comercial Artesanía de Galicia), o Mercado Municipal de Riveira está a albergar no seu primeiro andar un workshop dirixido a redeiras sobre produción de mobiliario da firma boirense Juan Ares Marine Design.

A acción formativa incardínase no programa Enredados, promovido polas consellerías de Industria e do Mar coa intención de impulsar a diversificación e a posta en valor do traballo das redeiras co deseño e produción de novos produtos artesáns.

Comezou na tarde de onte e vaise prolongar ao longo de 60 horas distribuídas entre os días días 26, 27 e 28 de maio e 2, 3, 4, 8, 9 e 10 de xuño (hoxe estarán de 10 a 14 e de 16 a 20 horas).

Os docentes son o deseñador de produto Juan Ares (http://www.juanares.es/) e a artesá de cestería contemporánea Idoia Cuesta. Asisten oito redeiras, todas con carta de artesá.

A acción consiste na elaboración de prototipos e deseños da propiedade rexistrada de Juan Ares Marine Design, que terá capacidade da súa comercialización, o que se traduce na posibilidade de que a elaboración dos produtos poda ser encargada ás propias redeiras participantes obtendo así uns ingresos complementarios a través desta vía innovadora de traballo.

Clausura de Quere o teu mercado
Por outra banda, cómpre informar de que mañá sábado ás 12.30 horas terá lugar a clausura da campaña internacional Quere o teu mercado coa actuación musical do grupo Aires do Barbanza da Asociación de Amas de Casa de Riveira.