Friday 22 de November de 2024

Reunion entre a conselleira de Medio Ambiente e a alcaldesa de Lousame para avanzar en cuestións de saneamento no municipio


A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, vén de reunirse coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para abordar vías de colaboración entre o Concello e a Consellería, especialmente en materia de saneamento e depuración de augas. Villaverde aproveitou o encontro para ultimar o convenio para a construción das depuradoras de Seixido e Servia, que ascende a 159.471,91 euros que serán financiados pola Consellería de Medio Ambiente.

Así mesmo, a alcaldesa aproveitou para interesarse polo funcionamento da nova depuradora de augas residuais de Tállara, na que o departamento dirixido por Beatriz Mato investiu 623.000 euros e que vén substituír á obsoleta instalación anterior. Unha EDAR que funcionará durante un ano en fase de probas antes de ser entregada ao Concello de Lousame.