Friday 22 de November de 2024

Clausura do curso infantil de cociña organizado polo Concello de Ordes


O curso infantil de cociña organizado polo Concello de Ordes dentro do seu circuíto cultural e deportivo do último trimestre chegou á súa fin. Un bo número de nenos e nenas aprenderon ao longo de todo ese tempo a cociñar receitas de todo tipo como pans, pastas carbonara e ao pesto ou tortas e madalenas decoradas entre outras moitas. E todo isto baixo as pautas e consellos dunha gran cociñeira e profesional da hostalaría como Karina Carreira. Tras a sesión de onte todas e todos os alumnos aseguraron repetir a experiencia en canto se reinicien as clases. Sen dúbida trátase dun bo xeito de que os máis pequenos e pequenas aprendan a coller os pucheiros e adquiran hábitos alimentarios sans. E todo isto rodeados de amizades e diversión.