Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso clausura mañá venres 27 de maio o seu Programa de Animación á Lectura cunha actividade sorpresa


O Concello de Oroso clausurará mañá venres 27 de maio o seu Programa de Animación á Lectura, que descansará durante a temporada estival, cunha actividade sorpresa baixo o título “E colorín, colorado, este conto está acabado e por un lado e por outro ata o ano non hai outro” e que será impartido por Xandobela. Terá lugar a partir das 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Sigüeiro. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta e para a que hai dispoñibles 50 prazas, ás que se pode acceder anotánose na propia Biblioteca ou chamando ao 918 690 903.

Obradoiros culturais

Un pouco máis tarde, ás 20.30 horas terá lugar a inauguración da tradicional exposición dos Obradoiros Culturais, no que estes veciños e veciñas de Oroso amosarán unha selección dos traballos realizados nos talleres de manualidades, labores, patchwork, debuxo e pintura. A mostra será inaugurada polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde , e podera visitarse no centro cultural de Sigüeiro ata o vindeiro 11 de xuño.