Friday 22 de November de 2024

Ordes acollerá este sábado o Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella da Coruña


Máis de 150 voluntarios e voluntarias participarán en encontros, mesas redondas e actividades participativas. A concelleira de Servizos Sociais, Susana García intervirá no acto inaugural

O vindeiro sábado, 28 de maio, o concello de Ordes acollerá o Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella da Coruña. A convocatoria está organizada pola mesma ONG e conta coa colaboración do Concello de Ordes. Desenvolverase a partir das 11.15 horas na casa da cultura. Ata o de agora xa está confirmada a asistencia de 150 voluntarios e voluntarias de distintos puntos da provincia que participarán en encontros, mesas redondas e distintos tipos de actividades lúdicas e de participación.

Entre os participantes e relatores figuran: Manuel Viqueira, presidente de Cruz Vermella Ordes; Susana García Gómez, concelleira de Educación, Benestar Social e Traballo do Concello de Ordes; Mercedes Casanova, presidenta provincial de Cruz Vermella; e Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.