O Concello de Riveira informa de que a exposición de Xoán Fernández “Abstracción Vs Figuración” que se está a exhibir no Centro Cultural Lustres Rivas amplíase ata o vindeiro mércores 1 de xuño.
En principio estaba previsto que esta mostra conformada por 29 obras do pintor palmeirán estivese aberta ao público ate o sábado 28, co cal serán tres (os días 30, 31 e 1) as xornadas a maiores nas que os visitantes poderán disfrutar da proposta artística.
Os horarios son os seguintes: de luns a venres de 10 a 14 horas e de 18 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 18.30 a 21.30 horas.