Hip hop, baile moderno, funky e break dance son os estilos que os mozos e mozas de 10 a 16 anos xa poden aprender no complexo Iván Raña
A oferta de actividades impartidas nas instalacións deportivas Iván Raña vén de ampliarse con clases de danza urbana. Grazas a isto mozos e mozas dende os 10 ata os 16 anos poderán aprender estilos que van dende o hip hop, o baile moderno ou funky ata o break dance. As clases desenvolveranse os mércores e venres dende as 19 ata as 19.45 horas. Para poder participar nelas é requisito indispensable estar abonado no complexo deportivo.