Friday 22 de November de 2024

Coloquio co escritor Francisco Castro arredor do libro “Amor é unha palabra coma outra calquera”


O escritor Francisco Castro estará esta tarde en San Sadurniño -18.00h., Casa da Xuventude- para presentar a súa última obra que segundo el foi afirma foi escrita con gafas lilas. Unha novela en galego, que pretende desmitificar o amor romántico e que ofrece unha reflexión profunda sobre o tema. “Amor é unha palabra coma outra calquera” está a ser o libro máis vendido en Galicia.

Sinopse da obra: “Amor é unha palabra coma outra calquera… ou non. Carla a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosas, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor do seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.”

O evento vai dirixido a público adolescente e adulto.